Este martes 13 de marzo terá lugar unha recepción pública á triplista riveirense Ana Peleteiro Brión logo de conquerir a medalla de bronce no último Campión do Mundo de Pista Cuberta en Birmingham.
https://www.youtube.com/watch?v=8AeCpvONxJo
O acto vaise celebrar ás 19 horas na praza do Concello. A continuación, a atleta subirá ao salón de plenos do Consistorio, onde será obsequiada e asinará no libro de honra.
Cómpre lembrar que en setembro de 2012 Ana Peleteiro recibiu, xunto a María Vilas, a máxima distinción institucional da Corporación Municipal, consistente na medalla de ouro de Riveira por acordo unánime de todos os grupos daquel mandato.