Un ano máis, Ribeira dará cabida a unha nova edición, xa a oitava, da mostra de monicreques Ti-tiritando de Emoción: unha actividade que se sucederá ao longo do mes de abril cun total de catro funcións e unha exposición temática.
A concelleira de Cultura, Elvira Pisos, acompañada dos técnicos municipais Chiki Durán e Unai González, presentou este programa orientado ao público infantil e familiar.
https://youtu.be/XlYPNj1Z4X4