O Concello de Rianxo está próximo a asinar o contrato para a restauración da casa do escritor. A Deputación da Coruña aprobou o pasado ano unha subvención de 190.000 euros que posibilitará a realización desta actuación cifrada en 236.000 euros. O deterioro da vivenda é visible dado o abandono que sufriu durante anos, o seu interior presenta humidades e rotura da madeira do chan en varias zonas .