O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta iniciará a difusión e promoción da Candidatura Cíes-Illas Atlánticas, que avanza no seu obxectivo cara Patrimonio da Humanidade, logo de que onte se confirmarse o seu rexistro na lista final que a Unesco elabora para decidir anualmente os novos patrimonios.
O proceso de declaración das Illas Cíes-Illas Atlánticas non ten volta atrás, superada a fase da competición interna dentro de España , onte confirmouse que xa está inscrita na propia Unesco.
Na rolda de prensa do Consello, Feijóo quixo agradecer o traballo e o esforzo desenvolvido para facer unha candidatura seria e científica, capaz de ir superando todas as eliminatorias ata chegar á fase final na que se entra agora.