O célebre saxofonista e compositor xaponés Ryo Noda vai pronunciar esta fin de semana dúas conferencias acompañadas de sendos concertos: o venres, no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela ás 20.30 horas e o sábado, no Centro Cultural Lustres Rivas ás 19.30 horas.
https://www.youtube.com/watch?v=C6rsexE3gbo
Promovida polo Conservatorio Municipal de Riveira e enmarcada dentro da Aula Galega de Saxofón, esta dobre proposta ten por obxecto compartir os coñecementos deste saxofonista e compositor, que é tamén doutor en ciencia médica e director da Japan Coma Society. A súa vida está ligada á música como saxofonista, compositor e tamén como investigador en terapia musico kinética. Traballou con nenos con danos cerebrais e pacientes con parkinson. Co tempo desenvolveu terapia musico-kinética para pacientes con trastornos de concienica no hospital Ishikiri en Osaka e levou a cabo investigación científica para demostrar a efectividade da terapia.
As conferencias estarán presentadas e moderadas por Rodrigo Vila, saxofonista galego que desenrola a súa actividade no Conservatorio Superior das Illas Baleares, ademais e impartir master class e concertos por todo o mundo.