A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou a sintonía entre a Xunta e o programa ‘Riveira Atlántica 2015’ na aposta por devolver a a cidade aos cidadáns, creando espazos de encontro e de lecer pensados exclusivamente para eles. Así o manifestou o pasado venres a conselleira durante a clausura deste programa.
Unha planificación que contou cun investimento de 7,2 millóns, recibindo 5 millóns de euros de fondos FEDER.
Ethel Vázquez salientou que esta iniciativa promove a dinamización do pequeno comercio, no fomento do transporte público, na potenciación do turismo e na incorporación das novas tecnoloxías aos servizos que desde as administracións se lle proporcionan aos cidadáns.
A titular de Infraestruturas indicou que son oito as actuacións estratéxicas que forman parte deste proxecto Riveira Atlántica 2015, accións que abranguen tanto o ámbito rural como urbano.
Pero ademais, o proxecto Riveira Atlántica 2015 tamén se centra na posta en valor da costa, ofrecendo un percorrido polo seu litoral, coa construción do Paseo de Touro, de 1,3 quilómetros de lonxitude, que conta cun carril bici; válido tanto para paseo como para unha mobilidade máis sostible.
A mobilidade e o fomento do transporte público é outra das liñas estratéxicas recollidas no Riveira Atlántica 2015, motivo polo que se deseñou o Plan de Mobilidade Urbana Sustentable, cun horizonte temporal ata 2021, que recolle 46 actuacións que favorecen o uso do transporte público, apostan por unha reordenación viaria e pola humanización.
https://youtu.be/3Yc8Z28YFdg