Xunta de Galicia

A Xunta avoga pola unidade no día da muller porque a igualdade real non a imos acadar indo uns contra outros senón indo todos contra o problema

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou hoxe pola unidade no Día Internacional da Muller porque a igualdade real, aseverou, non a imos acadar indo uns contra outros senón indo todos contra o problema.
https://www.youtube.com/watch?v=73N-RKacQvI
Inspirado no alumnado que este ano fixo na escola o cartel do Día da Igualdade da Xunta, “pensando cada un do seu xeito, pero traballando uns cos outros”, o responsable do Executivo autonómico quixo insistir, durante a clausura da xornada Lidera. Avanzando en Igualdade, no espírito colectivo, na unidade de ideas e de esforzos e na vontade de avanzar a través do consenso, “porque creo que é a canle máis axeitada para todas as aspiracións femininas. Que son femininas, pero que tamén deben ser masculinas”, sentenciou.
Ao longo da súa intervención, Feijóo subliñou que as mulleres líderes que participaron nesta xornada son a mostra de que non andamos ningún camiño desde cero, de que as últimas décadas abriron o período máis frutífero da nosa historia tamén en liberdades e dereitos das mulleres. E de que a sociedade que xa somos reúne unha chea de valores positivos que merecen ser coñecidos e recoñecidos, porque neles se atopa o impulso necesario para seguir mellorando.
Nesta liña, reiterou que a igualdade real non pode ser nunca unha trincheira, senón un obxectivo irrenunciable de todo o país; non pode inspirar o desacordo, senón o consenso; non é unha loita que as convoque a elas, senón a todos; e non é o patrimonio duns poucos senón o anhelo da maioría.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.