En liberdade con cargos un veciño de Ribeira de 39 anos de idade acusado dun delito continuado de gando e maltrato animal. Este home foi relacionado co roubo de 300 reses, xunto con outros individuos da trama que, entre os anos 2012 e 2014 roubaron un total de cabezas de gando por un valor de máis de 116.000 euros en diversas localidades das provincias de A Coruña, Ourense e Pontevedra,.
A policia constanta que a gran maioría destas reses foron destinadas para o seu sacrificio a diversos matadoiros das comunidades autónomas de Castela e León, A Mancha e Asturias ao igual que un matadoiro da Estrada. Os responsables de levar as reses ao matadoiro desta última localidade xa foron detidos.
Do mesmo xeito nas investigacións que se levan realizando detectouse que cinco canais equinos de carne procedente de sacrificios efectuados no matadoiro estradense foron destinados como sub -produtos de orixe animal a unha fabrica de Palencia destinada á elaboración de embutidos e de piensos para animais.
A detención deste ribeirense que finalmente foi posto en liberdade con cargos englóbase na denominada Operación Cuatre que ate o de agora conta cun resultado de 11 detidos en total sendo os delitos contra a saúde pública, falsedade documental, usurpación do estado civil, hurto continuado de gando e maltrato animal entre outros.
En liberdade con cargos un RIBEIRENSE acusado dun delito continuado de gando e maltrato animal
Please login to join discussion