Unha nova familia de Ribeira acudiu hoxe á Plataforma Stop Desafiuzamentos do Barbanza para pedir auxilio. Trátase dunha familia na que a Muller está no paro e non cobra prestacións e o marido está a realizar traballos esporádicos na pesca de baixura.
A Muller desta unidade familiar presenta unha forte depresión. Según fontes da plataforma, o temor a perder a súa vivenda habitual fixo o home pensara en varias ocasións no suicidio para que desta forma a súa Muller e os seus fillos pudiesen cobrar o seguro de vida que ten concertado cunha compañía aseguradora e desta forma poder saldar na súa totalidade o préstamo hipotecario.
A vindeira semana levarase a cabo unha reunión entre a familia, o portavoz da plataforma stop desafiuzamentos e un responsable da entidade financieira co obxecto de consegui moratoria ou refinanciación do crédito.
https://youtu.be/ZgyGnOtwJKQ