O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o bo momento que atravesa o naval galego cunha carga de traballo en carteira ou en estadios finais de negociación no conxunto de empresas do sector que supera os 3.000 millóns de euros.
https://www.youtube.com/watch?v=-ozM7yFKfwA
Así mesmo, precisou que en 2017, “o mellor ano da década para a industria naval”, se pecharon contratos por valor de 470 millóns, o que supón o 57% do valor de todos os contratos firmados en España. Durante o acto de entrega das jackets do parque East Anglia One, construídas no estaleiro de Navantia en Fene, Feijóo afirmou que estas cifras poñen de manifesto a capacidade de resposta desta industria en Galicia e a súa diversificación cara a novos segmentos, como a eólica mariña.