O Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira acolleu na noite de onte o acto de inauguración dunha nova exposición titulada “Tubos Animados”, do artista ourensán Antonio Souto, quen exhibe 20 pezas realizadas en materiais pesados como ferro ou aceiro.
O alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Cultura Herminia Pouso e o propio artistas interviñeron neste evento de apertura que estará aberta ata o 21 de marzo.