Xunta de Galicia

Feijóo pon en valor o proxecto ‘Digitalizadas’ para mellorar a alfabetización dixital das mulleres rurais e destaca o seu peso demográfico, económico e social

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, puxo en valor o proxecto Digitalizadas, unha iniciativa cuxo obxectivo é mellorar a alfabetización dixital das mulleres rurais. Neste sentido, destacou o peso demográfico, social e económico das mulleres que viven no rural galego, pois preto da metade das explotacións agrícolas son titularidade de mulleres.

Feijoo instou á sociedade civil, ás empresas e ás institucións a comprometerse para que a brecha dixital desapareza dentro duns anos. E é que, aseverou, entre todos se pode converter a tecnoloxía nun instrumento máis na busca da igualdade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.