ISAAC MACEIRAS clarifica a acusación que dende o bng se fixo sobre unha parcela da TOMADA

Fai uns días integrantes do partido nacionalista da Pobra aseguraron que a entidade SEPES, que xestiona o parque empresarial, traspasou, de xeito pouco claro, un terreo de uso dotacional neste polígono a unha sociedade da que forman parte o presidente de honra do Partido Popular da localidade, Álvaro Vieites, e o candidato por esta mesma formación á alcaldía, Manolo Durán.
Nada máis ter coñecemento da concesión por parte do concello dunha licenza para a construción dunha gasolineira no polígono industrial da Tomada, nun terreo de uso dotacional, o Bloque Nacionalista Galego, a instancias tamén doutros empresarios da localidade, comezou a realizar unha serie de pescudas para dar co nome do propietario ou propietarios desa parcela. A sorpresa dos nacionalistas foi máxima ó observar que a solicitude da dita licenza estaba asinada por unha sociedade da que forman parte o presidente de honra do Partido Popular na localidade, e o candidato á alcaldía, por esta mesma formación política, Manolo Durán.

https://youtu.be/76jpvQMR35E

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.