A brigada municipal de Obras do Concello de Riveira iniciou esta mañá unha actuación destinada a instalar máis de 150 metros de rigola de formigón para a canalización de pluviais na rúa Barbanza da cidade de Santa Uxía co fin de mellorar a seguridade da circulación dos vehículos.
Esta actuación fíxose a requirimento dos veciños da vía, ubicada na zona coñecida como Casas Baratas, pois ao ser unha rúa bastante estreita, de cando en vez algún vehículo acababa cunha roda dentro da cuneta que viña desempeñando ata agora a función de conducir as augas da chuvia.
Os labores durarán dúas semanas sempre que as previsións meteorolóxicas o permitan.