A Consellería do Mar recibiu un cento de solicitudes para axudas en melloras no eido da acuicultura ao abeiro da convocatoria deste ano.
https://www.youtube.com/watch?v=HJswUDMBnaI
Así o sinalou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, na visita que realizou esta mañá a un barco bateeiro e a unha batea en Rianxo, na ría de Arousa, onde estivo acompañada pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez.