Un total de 97 persoas visitaron as minas de San Finx durante o mes de xaneiro, aproveitando o novo horario de apertura

Un total de 97 persoas visitaron as minas de San Finx durante o mes de xaneiro, coincidindo cos primeiros días da entrada en servizo do novo horario de apertura que permite visitar o complexo mineiro sen necesidade de cita previa. De feito, 87 visitas tiveron lugar sen reserva previa, como se viña realizando ata o de agora.
27022018 10 VISITAS MINAS DE SAN FINX
Este cambio é froito da incorporación dunha técnica de turismo ao Concello de Lousame, que permitirá abrir as minas de San Finx un total de 27 horas á semana, de mércores a domingo, en horario de mañá e de tarde. De feito, o horario que estará vixente ata o 12 de abril será: mércores a venres de 12:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas; e sábados e domingos de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 18:30 horas.

No mes de xaneiro, o Museo das Minas de San Finx recibiu un total de 24 consultas 3 97 visitantes. Un 93,81% do total (91 persoas) foron galegos, maioritariamente da provincia da Coruña (85 persoas, 87,63% do total) e 6 persoas de Pontevedra (6,19%). A maiores, o Museo recibiu 4 visitantes (4,12% do total) de Castela e León e 2 persoas de Estados Unidos (o 2,06%). O 34,02% do total (33 persoas) eran visitantes de paso, é dicir, excursionistas que non pasaron a noite en Lousame.

Neste momento, no Museo ofrecéronse tres tipos de información: unha introdución sobre os edificios que se poden visitar no poboado mineiro de San Finx; unha breve explicación de 10-15 minutos sobre as pezas expostas en ambos os dous edificios dos talleres e compresores; e, por último, a visita guiada sobre a historia das Minas de San Finx. A explicación breve foi o servizo de información máis empregado (66 persoas, 68,04% do total); seguida da introdución (21 persoas; 21,65% do total); e 10 persoas (10,31% do total) realizaron a visita guiada. Das 10 persoas que visitaron de xeito guiado o Museo, o 100% deles reservou a visita con antelación.

Durante o ano 2017, no que só se realizaban visitas guiadas con previa cita, rexistráronse máis de 1.500 visitas, sendo o primeiro trimestre o que menos actividade rexistrou, con tan só 210 visitas. As visitas guiadas poden concertase chamando ao Concello de Lousame: 981 820 494.

Salir de la versión móvil