A Policia Autonómica informa da imputación de dúas persoas coma presuntas autoras de incendios forestais, un deles no concello da Pobra do Caramiñal.
Axentes da Policía Autonómica de Santiago en colaboración con axentes forestais do Distrito IV-Noia, informaron da imputación dun veciño de Pobra do Caramiñal, como presunto autor dun incendio forestal ocorrido na parroquia de Santo Isidoro, no mesmo concello, o pasado día 21 de marzo.
O lume foi motivado polo escape dunha queima de restos forestais, sen cumprir as medidas preventivas básicas de seguridade, afectando a unha superficie duns 1.200 metros cadrados de superficie rasa, impedindo os servizos de extinción da Xunta de Galicia, coa súa intervención, que ardera máis superficie. Todos estes feitos foron postos en coñecemento da Autoridade Xudicial, remitido ao Xulgado de Instrucción de Garda de Ribeira.
https://youtu.be/usF5IzUtU1s