Rianxo

A Axencia Enerxética Provincial da Coruña asesorará ao concello de Rianxo en materia de aforro e eficiencia enerxética

A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), dependente da Deputación da Coruña, asesorará ao concello de Rianxo en materia de aforro e eficiencia enerxética. Así o establece o convenio asinado hoxe na sede da institución provincial entre o presidente, Valentín González Formoso, e o alcalde da localidade, Adolfo Muíños Sánchez.

Os técnicos da FAEPAC realizarán unha análise enerxética das instalacións e dependencias municipais do concello, co obxectivo de establecer un plan personalizado de mellora da eficiencia enerxética, uso racional da enerxía e fomento de fontes renovables.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.