A Casa da Cultura de Lousame acolleu na noite de onte venres a presentación do libro “De María Vinyals a María Lluria”, de Aurora Marco e María Ángela Comesaña.
Un acto organizado pola asociación cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Concello de Lousame que contou coa participación de Aurora Marco, da alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde; de Ana Blanco, vicepresidenta da Fundación Rosalía de Castro; e de Patricia Torrado, da editorial Toxosoutos. O coordinador de Barbantia, Pastor Rodríguez, exerceu como presentador dun “estudo exhaustivo e detallado que enriquece o que sabiamos de María Vinyals, sobre a súa vida e a súa obra”.