O alcalde de Rianxo acusa ao mandatario do ente público dependente da Consellería do Mar, Portos de Galicia, de ter abandoado o seu concello.
Adolfo asegura que o asfaltado do vial interior que pasa pola rúa Autores da Rianxeira, enfronte do Auditorio Municipal, así como o do paseo da ribeira e a rúa que esta diante do concello son unha reivindicación histórica. Xa alcaldes de anteriores lexislaturas trataron de solucionar a problemática que afecta gravemente á seguridade peonil.
https://youtu.be/jJKAy96FqlI