O Concello de Riveira informa da adxudicación provisional dunha actuación dirixida á reparación e mellora do corpo de aseos da Biblioteca Municipal de Riveira.
https://www.youtube.com/watch?v=97Gx6dKy22I
A empresa que logrou a mellor clasificación no proceso de licitación (ao que había 12 ofertas presentadas) resultou ser CYS Hispania S.L. O importe é de 20.586 euros, IVE incluído, e o seu prazo de execución de tres meses.
O proxecto técnico elaborado ten por obxecto construír dous novos cuartos inodoros adaptados a persoas con mobilidade reducida, así como un espazo de aseo común con tres lavabos encastrados. Ademais, as condicións de accesibilidade e seguridade en caso de incendios se verá mellorada.
Por outra parte, cómpre lembrar que está executándose outra obra destinada tanto ao illamento da biblioteca a través da substitución dos antigos ventanais por outros novos como a eliminación de barreiras arquitectónicas por medio da construción dunha rampla practicable no hall do edificio e a eliminación do peldaño exterior actuando na cota da rúa.