O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, reuníronse onte co alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e cos voceiros da corporación local de Rianxo co obxecto de abordar unha vez máis a petición dun novo centro de día neste municipio .
https://www.youtube.com/watch?v=0KKRhCSBkBY
Durante a xuntanza, o conselleiro amosou a vontade da Xunta de colaborar e acompañar á Deputación da Coruña e á administración local no impulso desta infraestrutura . Compromiso que pasaría nun principio por costear as prazas dos usuarios.