O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello que as obras do colector e do tanque de tormentas en Rianxo e dos pantaláns mexilloeiros en Boiro contribuirán a mellorar o saneamento e o aproveitamento da Ría de Arousa.
https://www.youtube.com/watch?v=xLe11OdN5Hk
No tocante á primeira infraestrutura, Feijóo avanzou a licitación nas próximas semanas das obras, por un importe de 6,5 millóns de euros e co obxectivo de resolver os problemas derivados da infiltración de auga nas redes de saneamento do municipio.
Máis polo miúdo, Feijóo destacou que a instalación dun novo colector de case 1,5 quilómetros de lonxitude e dun tanque de tormentas non só mellorará o servizo a máis de 23.000 habitantes, senón que permitirá avanzar na recuperación de zonas degradadas pola contaminación da costa.




