O Concello dou luz verde á licitación dunha nova obra consistente na instalación dunha rede de saneamento nos camiños de Cristal e Igrexa na parroquia de Olveira.
https://www.youtube.com/watch?v=fCxlqQTGPVM
A actuación, que conta cun orzamento de 63.946 euros e un prazo de execución de dous meses, está financiado no marco do plan POS Plus da Deputación.
Os camiños afectados carecen de rede de saneamento. Conforme ao proxecto elaborado, dotarase dunha red de saneamento a estes camiños empregando colectores de PVC liso de 315 milímetros de diámetro que conducirán as augas fecais ata entroncar coa rede municipal.
Os pavimentos serán repostos con aglomerado asfáltico.