Pobra Do Caramiñal

Portos de Galicia consensúa cos consignatarios do porto da Pobra do Caramiñal a renovación dos departamentos para a estiba

Portos de Galicia renovará os departamentos para uso dos estibadores do peirao da Pobra do Caramiñal. Así o comprometeu esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha reunión de traballo mantida coas tres empresas consignatarias que operan neste peirao.

Durán Hermida mantivo un encontro cos representantes das tres empresas que xestionan a chegada de buques comerciais ao porto pobrense para coñecer as súas necesidades e priorizar así as actuacións previstas polos seu departamento. Neste marco, todos os presentes coincidiron en destacar a necesidade urxente de renovar as instalacións dos estibadores, que serán reformadas proximamente.

Ademais, o presidente de Portos asegurou que o ente público porá en marcha as actuacións previas para o estudo dunha dragaxe no peirao comercial e reiterou que os orzamentos do organismo contemplan xa o peche do porto comercial en cumprimento co código internacional de seguridade para estas instalacións (código PBIP). Finalmente comprometeu tamén a renovación do alumeado na franxa portuaria.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.