Mª MANUELA OTERO, veciña de BOIRO é a gañadora dun premio de 1000 euros durante 15 meses que reparte gadis

O delegado do Gadis na Área de Santiago, Román Boo foi o encargado de entregar esta mañá un dos dous premios de 15.000 euros a Mª Manuela Otero Triñanes, unha clienta do establecemento da rúa Norberto Pijuán, en Boiro, que tras reunir tickets por valor de 200 euros en compras efectuadas no mes de febreiro participou no sorteo “ 1000 euros ao mes durante 15 meses”, que se celebrou ante o notario o pasado día 10 de marzo.

O obxectivo da promoción era premiar a fidelidade dos clientes e outorgar un valor engadido á compra.
Mª Manuela asegurou que é clienta de Gadis dende fai máis de 28 anos e destaca a calidade do produto deste supermercado así como a amabilidade do persoal.
Comentou tamén que parte do premio xa foi investido en amoblar unha vivenda.

http://youtu.be/jakpDULM0-c

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.