Ribeira

O concello de Ribeira obsequia á veciña Manuela Sampedro con motivo do seu centenario

O alcalde Manuel Ruiz e a concelleira de Servizos Sociais Esther Patiño acudiron onte ao domicilio de Manuela Sampedro Gude co fin de entregarlle un obsequio no nome do Concello con motivo do centenario desta veciña, nada o 18 de febreiro de 1918.
https://www.youtube.com/watch?v=ckEA9icskMg
Os representantes municipais tiveron ocasión de entregarlle un ramo de flores e unha placa conmemorativa nun acto no que Lela Sampedro estivo rodeada da súa familia, con catro fillos, dez netos e doce bisnetos que quixeron compartir tan feliz momento.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.