Ribeira

Adxudicación provisional dunha obra para mellorar o campo de Oleiros, o pavillón de Artes e a pista de atletismo da Fieiteira

O Concello informa da adxudicación provisional dunha actuación dirixida á mellora de tres instalacións deportivas municipais: o campo de fútbol de Oleiros, o polideportivo de Artes e a pista de atletismo da Fieiteira.
https://www.youtube.com/watch?v=Y0DVM0cVQ98
A empresa clasificada en primeiro lugar resultou ser Vías y Servicios Generales, S.L., cunha proposta económica de 22.669 euros. A actuación está adscrita ao POS Plus provincial e o seu prazo de execución ascende a dous meses.

De acordo co proxecto técnico elaborado, no que respecta ao campo de fútbol de Oleiros se construirá un peche de 115 metros de longo pola súa cara nordeste a base malla de dous metros de altura suxeita con postes de formigón.

En canto ao polideportivo de Artes, vaise procurar a súa imperbeabilización a través da construción dunha rede de drenaxe perimetral que evite a aparición no interior dalgunhas zonas húmidas en época de abundantes chuvias.

Finalmente, na pista de atletismo da Fieiteira procederase ao pintado das marcas das diversas competicións deportivas (lanzamento, velocidade, saltos, etc.) para adecualas á normativa da Federación Nacional de Atletismo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.