CABO DA CRUZ acollerá o XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA este verán

Baixo o lema ‘Vento da historia, mar de futuro…’ o porto de Cabo da Cruz, no concello de Boiro, será o escenario, entre o 9 e o 12 de xullo, da nova edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, unha iniciativa promovida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) a prol da recuperación e difusión social do patrimonio marítimo tradicional.

Trátase dun evento que se convoca cada dous anos e que se vén realizando dende o 1993.

O encontro consiste nunha gran concentración de embarcacións tradicionais representativas do patrimonio marítimo galego, así como doutras zonas xeográficas,

Tal e como explicou o presidente da Federación, Manolo Sendón, estos encontros serven para dinamizar sectores como a carpintería de ribeira, a velaría, os efectos navais, artesáns e sonre todo potenciar os atractivos turísticos das comunidades da beiramar axudando a un turismo sostible.

https://youtu.be/9qUknvHsTRY

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.