Co obxecto de seguir dando a coñecer a exposición que sobre o naufraxio do Santa Isabel está a albergar o Auditorio Municipal de Ribeira, dende o Concello se vén de materializar unha nova acción consistente na elaboración de distinto material didáctico pensado para achegar esta mostra aos centros educativos.
A comisaria da exposición, Pilar Casas, e a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, deron a coñecer hoxe este material, consistente nunha guía destinada ao profesorado e catro cadernos de actividades que están adaptados aos distintos niveis académicos: infantil, primaria, secundaria e bacharelato.
https://youtu.be/cw3pLsEkYOA