Xunta de Galicia

A Xunta convoca cinco novos permisos de explotación para marisqueo a pé nas confrarías do Pindo e Lira, en Carnota

A Consellería do Mar convoca tres novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de pescadores do Pindo e dous para a de Lira. Ademais, publica a convocatoria dunha praza para percebe a pé para O Pindo.

Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e no caso do de percebe a pé tamén o que establece a orde que regula a explotación dos recursos específicos. Ademais deben presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.

Os interesados poderán consultar as convocatorias na páxina web da Consellería. Neste enlace a dos permex de Lira, neste a dos permex a pé do Pindo e neste a do percebe a pé. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.