O Concello de Riveira vén de solicitar unha achega á Axencia de Turismo de Galicia co fin de mellorar a accesibilidade ao faro de Corrubedo.
https://www.youtube.com/watch?v=yRJ4kAWQYwo
O obxectivo que se persegue é mellorar o acceso dende Porto Alto ata este emblemático punto de interese turístico e con este obxectivo os servizos municipais elaboraron un proxecto para ensanchar a beirarrúa existente pola marcha dereita (a máis cercana ao mar) de 1,50 a 2,50 metros, ademais de substituír o pavimento actual, bastante deteriorado e invadido pola maleza, por un novo pavimento de formigón pulido.
A lonxitude afectada é de 1.046 metros.