O DR. EDUARDO DÍAZ-RUBIO gaña o iv premio de investigación oncolóxica RAMIRO CARREGAL

O Xurado da cuarta edición do Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal – Fundación La Rosaleda, decidiu outorgar o galardón ao Dr. Eduardo Díaz-Rubio García, polos seus “máis de 30 anos dedicados en exclusiva á especialidade da Oncoloxía médica” na que desenvolveu unha “actividade asistencial, de investigación e docente dificilmente separables”.
Así o recoñeceu o Xurado, cuxo presidente executivo, o Dr. Rafael López López, destacou a achega do premiado “ao desenvolvemento de numerosos ensaios clínicos con citotóxicos e con novos fármacos dirixidos fronte a dianas específicas moleculares así como tamén “outros orientados á individualización do tratamento para identificar os pacientes con máis probabilidades de responder”.

O Dr. Díaz-Rubio foi elixido entre máis dunha decena de candidatos de todo o mundo que se presentaron a esta cuarta edición dun Premio que foi crecendo ano a ano, tanto en número de candidaturas propostas como na diversidade de nacionalidades e especialidades dos aspirantes. O premio, dotado con quince mil euros, é un dos de maior contía no seu ámbito e permitirá ao gañador iniciar ou continuar o seu traballo no ámbito da investigación oncolóxica.

https://youtu.be/RKeJqm3kvHE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.