A ministra, ana pastor, e a conselleira, ethel vázquez, participaron na posta en servizo da ampliación do polígono da tomada

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez Mourelle, avogou hoxe por seguir facilitando o acceso ao solo empresarial aos emprendedores que o demandan, para ter unha garantía de novos investimentos e de creación de emprego. Así o manifestou este mediodía, durante o acto de inauguración da ampliación do parque empresarial da Tomada, na Pobra do Caramiñal, no que acompañou á ministra de Fomento, Ana Pastor.

Na súa intervención, Vázquez Mourelle destacou o programa de venda de solo industrial posto en marcha pola Xunta de Galicia, en cuxa primeira fase conseguiu adxudicar, en só un mes, máis de 200.000 metros cadrados de solo industrial nos que se desenvolverán investimentos por importe de 105 millóns de euros e se crearán 3.500 empregos.

https://youtu.be/2Do4t6ESusQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.