Maña será o último día para inscribirse á primeira carreira popular “pilar barreiro senra” en lousame

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, presidiu esta tarde a presentación da primeira carreira popular “Pilar Barreiro Senra”, que terá lugar o domingo 29 de marzo e que conta a día de hoxe con 140 inscritos. Unha proba de 10 quilómetros, de trazado bastante esixente, que está organizada polo Concello de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Pilar Barreiro agradeceu que a proba leve o seu nome, asegurou tamén que foi unha sorpresa moi grata. A madriña da proba (Lousame, 1971) foi 6 veces Internacional Absoluta coa Real Federación Española de Atletismo, 5ª mellor marca española de todos os tempos en 800 metros lisos, campioa de España en 800 metros lisos ao Aire Libre e en Pista Cuberta e ten no seu haber varios récord aínda imbatidos.

Pola súa banda, Ezequiel Mosquera, representante da empresa organizadora EME Sports, desexou que todos traballen para que saia un evento grande nun concello pequeno.

O prazo de inscrición na primeira carreira popular “Pilar Barreiro Senra” estará aberto ata as 24:00 horas do martes 24 de marzo a través da páxina web www.emesports.es, onde xa hai 141 inscritos. As anotacións nas probas escolares son totalmente gratuítas. Os demais atletas terán que aboar unha cota de inscrición de 6 euros.

https://youtu.be/ruaZk-Q5PZI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.