O Equipo de investigación da Garda Civil de Boiro procedeu á detención de C.V.S., de 49 anos de idade e a S. B. R. de 34, como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas.
A investigación iniciouse dende o pasado novembro de 2017, cando a Garda Civil tivo coñecemento de que dous homes poderían estarse dedicando á venda de estupefacientes dende o domicilio dun dos detidos e nas proximidades ao centro urbano de Boiro.