A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada da alcaldesa da localidade, Teresa Villaverde Pais, visitou esta mañá as actuacións levadas a cabo no concello ao abeiro das axudas da Vicepresidencia.
Grazas á Orde de Infraestruturas de uso público leváronse a cabo melloras no parque público no colexio da Silva, que contaron cunha axuda de preto de 34.000 euros. Unhas obras ás que o Concello de Lousame achegou outros 22.000 euros procedentes de fondos propios.