Ribeira

Clasificación provisional da reordenación do malecón e pavimentación da zona infantil do parque García Bayón en Riveira

A xunta de goberno local procedeu esta mañá á clasificación das 21 ofertas presentadas ás obras de reordenación da avenida do Malecón e de pavimentación da zona infantil do parque García Bayón en Riveira.
https://www.youtube.com/watch?v=wCpQg6yWpyQ
A entidade situado en primeiro lugar resultou ser Canarga, S.L, cunha oferta económica de 701.400 euros e un prazo de execución de 165 días naturais.
O proxecto técnico elaborado polos servizos municipais ten como obxectivo fundamental reordenar a avenida do Malecón dando preferencia ao peón fronte ao vehículo e conferindo aos vais o carácter urbano que lles corresponden. Prevese ademais a execución dun carril bici que una o existente no paseo do Touro co do paseo de Coroso dando así continuidade ao mesmo ao longo da fachada marítima do casco urbano.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.