O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aposta do Goberno galego polas enerxías renovables cunha planta de biomasa en Curtis e tres novos proxectos eólicos que suporán un investimento total de preto de 207 millóns de euros.
https://www.youtube.com/watch?v=ZKSPvMyly6s
O presidente da Xunta anunciou hoxe que, tras a declaración o pasado mes de decembro de 18 parques e 14 infraestruturas de evacuación de interese especial, a Xunta sumará outras tres iniciativas máis, o que suporá un investimento global de 543 millóns de euros, a implantación de preto de 500 MW na Comunidade e máis de 7.000 empregos durante a súa construción e máis dun centenar tras a súa posta en funcionamento. Ademais de establecer un canon eólico de case 17 millóns de euros durante toda a súa explotación.