Oito homes e seis mulleres formáronse como Especialistas en turismo náutico

Oito homes e seis mulleres recolleron esta mañá cadanseus diplomas acreditativos de asistir ao curso de especialistas en Turismo Náutico promovido polo Concello.

O acto de entrega, celebrado no salón de plenos do Consistorio, contou coa intervención do alcalde Manuel Ruiz e do concelleiro de Emprego, Anxo Orellán. O rexedor municipal fixo fincapé nas grandes posibilidades existentes neste sector para poder desenvolver un proxecto de emprego. Asi destacou o fomento do turismo que se esta a desenrolar na cidade de Ribeira.
O curso sobre turismo náutico constou de 234 horas de carácter tanto teórico como práctico. Entre as materias obxecto da acción figuran: técnicas de iniciación aos deportes náuticos (windsurf, kayaksurf, kayak, paddleboard, surf, bodyboard), técnicas de perfeccionamento das diversas modalidades, técnicas e recursos de dinamización de clientes; comercialización e ferramentas comerciais; técnicas de xestión, organización e planificación das actividades e dos produtos turísticos náuticos; mantemento de material; e seguridade, hixiene e primeiros auxilios.

https://youtu.be/jpX2LOX0zI4

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.