Ribeira

O Concello licita a instalación dunha rede de saneamento con pozo de bombeo no lugar de Barrosas en Carreira

O Concello informa de que de acordo co BOP de hoxe comeza a licitación dunha nova actuación consistente na instalación dunha rede de saneamento con pozo de bombeo no lugar de Barrosas, na parroquia de Carreira.
https://www.youtube.com/watch?v=kt5rf050JM8
A zona en cuestión carece de saneamento, existindo unicamente un tramo de pluviais para a canalización de augas superficiais. Así e logo, o proxecto elaborado persegue a instalación dunha rede de saneamento en Barrosas para dar servizo a todos os veciños da zona, comprendendo unha tubaxe SN4 de 315 milímetros de diámetro e 257 metros de longo e outra SN4 de 250 milímetros de diámetro e 72 de lonxitude. Tamén 13 pozos de rexistro.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.