Galicia

Galicia acollerá este mes un seminario no que distintos países europeos sumarán argumentos de defensa da pesca ante o Brexit

Santiago de Compostela acollerá o 26 deste mes un seminario no que distintos países europeos poñerán en común a información de interese e sumarán argumentos para a defensa do mar nas negociacións do brexit.
https://www.youtube.com/watch?v=zv76LBNfIJY
Nel participarán representantes do sector de Galicia e do resto de España e tamén de países como Holanda, Alemaña, Bélxica, Francia e Irlanda, países que teñen intereses comúns na defensa dos sectores do mar ante a saída de Reino Unido da Unión Europea.
Así o sinalou esta mañá en Santiago o secretario xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Alberto López-Asenjo, onde asistiu ao pleno do Consello Galego de Pesca, presidido pola conselleira do Mar, Rosa Quintana. Unha reunión na que, segundo sinalou a titular de Mar, “intercambiamos opinións co sector dos problemas que lle preocupan e das solucións que podemos aportar desde a Administración”.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.