Ribeira

O profesor da USC Juan Manuel Monterroso ofrecerá unha charla maxistral sobre o retorno de Dalí ao Purgatorio de Dante

Co gallo da exposición que se está a exhibir no Centro Cultural Lustres Rivas, o doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Juan Manuel Monterroso Montero, vai pronunciar este xoves 15 ás 20.30 horas na devandita instalación unha conferencia titulada “700 anos despois de Dante, cando Dalí retornou ao Purgatorio”. A entrada é gratuíta.
https://www.youtube.com/watch?v=RNzHgRh0Uvc
Ao remate, o profesor da USC realizará unha visita guiada pola exposición “A Divina Comedia. O Purgatorio. Gravados de Dalí”, que forma parte dos fondos do Museo do Gravado de Artes.

Cómpre lembrar a este respecto que 40 alumnos dos obradoiros de maiores do Concello tiveron ocasión o pasado venres de asistir a outra visita guiada, neste caso da man da alumna de Historia da Arte en prácticas Marta Picos Domínguez.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.