Este domingo 22 dende as 11 horas a nosa cidade acollerá a que é a Primeira Bandeira de Traíñas Concello de Riveira: unha regata de nova creación na que se medirán os 16 equipos integrantes da Liga Galega de Traíñas.
Para explicar os detalles da proba compareceron no Consistorio Ramón Vicente, directivo da Liga Galega de Traíñas e presidente do Club de Remo de Rianxo; Miguel Cores, do Club de Remo de Riveira; e Jonathan Fernández, representante do patricinador Escosport, ademais do concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez.
Martínez Queiruga manifestou que a celebración desta bandeira é o resultado de dous anos de traballo nos que Riveira se está volcando co fomento deste deporte, “moi necesario para a nosa cidade” e agradeceu a Escosport e á Liga Galega que escollera o noso concello para desenvolver esta proba.
Ramón Vicente explicou que a liga LGT está composta de dous grupos (ligas A e B), cada un dos cales reúne a un total de oito equipos. O escenario da regata será a praia de Coroso. A xornada comezará primeiramente cunha bandeira feminina para dar cabida á continuación aos disputantes da liga B (con dúas quendas de catro equipos cada unha, con dúas lanzadas cada dous minutos) e finalmente aos membros da liga A (co mesmo protocolo).
A celebración da regata irá da man das novas tecnoloxías, coa incorporación de sistemas GPS e ademais poderase ver a proba vía internet dende a páxina web ligalgt.com. dende ecosport tentan dar un salto de calidade no remo,
Este pulo foi agradecido polo directivo do Club de Remo de Riveira Miguel Cores,
A modo de complemento crearase unha pequena festa gastronómica no entorno de Coroso, na que non han faltar os polbeiros.
https://youtu.be/QkobBywohdE