Galicia

A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas para a contratación de orientadores laborais en concellos e entidades

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria de axudas para este ano para a contratación ou renovación de orientadores laborais por parte de concellos, confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia e entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención a persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social, que realicen accións de orientación laboral.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina a estes apoios preto de 7 millóns de euros. O prazo de solicitude rematará o próximo 8 de marzo.
A contía máxima da subvención que se concederá con carácter xeral será de 25.000 euros por cada persoa técnica de orientación laboral contratada a tempo completo durante un período de 12 meses, tomando como referencia os custos de contratación totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social. A cantidade será de 28.000 euros no caso das entidades sen ánimo de lucro de atención a persoas con discapacidade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.