Ribeira

Adxudicación provisional da creación dun novo parque biosaludable nos Muíños

O Concello de Riveira informa da adxudicación provisional da creación dun novo parque biosaludable no lugar dos Muíños, na parroquia de Oleiros: unha actuación que entraña ademais a remodelación da área infantil existente.
https://www.youtube.com/watch?v=mhkpWE_Vovk
A empresa Jardincelas S.L. resultou a mellor clasificada (había 18 ofertas presentadas) cunha proposta de 48.465,84 euros. O prazo de execución é dun mes e medio.

Conforme ao proxecto redactado polos técnicos municipais, o que se persegue con esta obra é mellorar este espazo público de xeito que veciños de todas as idades o poidan utilizar como lugar de reunión e zona de esparcemento.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.