Riveira vai dar cabida a partir de mañá a unha campaña de educación ambiental promovida pola Xunta de Galicia que leva por título “O que se enchufa, recíclase”.
Trátase dunha campaña de información e sensibilización sobre a importancia de reciclar os residuos de aparellos eléctricos e electrodomésticos e para tal fin se enclavará un posto de información na rúa Galicia á altura do edificio da Caixa de Aforros entre os días 10 e 21 de febreiro (descontando domingos e luns), de 11 a 14 e de 16 a 19 horas.
A dinámica de sensibilización acerca das razóns polas que é importante reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos domésticos combinará formación con entretemento e incluirá a distribución de distinto material sobre a campaña, como bolsas, pegatinas e folletos.
Colabora o Concello de Riveira a través da Concellería de Medio Ambiente.