Ribeira

Riveira estrea luces de entroido

Con motivo destas festas de Entroido, Riveira vén de acender a última noite a iluminación festiva co valor engadido de que 15 dos 58 arcos decorativos distribuídos por toda á cidade son de estreo, pois nunca se levaran a ningunha localidade con antelación.
https://www.youtube.com/watch?v=264bO3LFe_U
Trátase dos que teñen como motivo os antificaces, que se unen a outros con máscaras, meigas e gatos e a outras instalacións luminosas como o teito lumínico colocado na palmeira central da praza do Concello, as catro media lúas e o letreiro de Entroido no balcón consistorial, un segundo teito lumínico no Espazo Municipal de Usos Múltiples (antiga carpa do mercado) ou tres letreiros de entroido nas avenidas da Coruña e Ferrol e no paseo do Malecón.

Noutra orde de cousas, os inchables de Entroido previstos para o sábado, luns e mércores en Praza Concello, rúa Rosalía de Castro e praza de Uxío Novoneyra serán trasladados en caso de choiva á carpa de Entroido do Malecón e non ao pavillón do CEIP O Grupo como estaba inicialmente previsto.

Por último, cómpre informar de que serán 19 e non 18 os bares participantes no Concurso de Disfraces de mañá sábado. Achégase cartel actualizado con toda a información.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.