Unha pistola encontrada na casa do expatrón maior, acusado de malversación de fondos, pon en alerta á garda civil

A detención do ex patrón maior e da antiga presidenta das mariscadoras segue a conmocionar a comarca. Ata o de agora estaba previsto que os arrestados pasasen hoxe a disposición xudicial en Ribeira, pero finalmente será mañá cando testifiquen ante o xuíz. Polo momento, a antiga directiva da Confraría de Cabo de Cruz declarou no cuartel da Garda Civil en Boiro.

Carmelo Vidal e Hermitas Pérez, están acusados de fraude e malversación de caudais públicos entre outros delitos, e tamén dunha suposta apropiación indebida de marisco requisado a furtivos, que logo vendían de costas á confraría. A secretaria do pósito e o xerente dunha xestoría da Pobra tamén foron arrestados, pero quedaron en liberdade.

Hai dous anos, a Fiscalía denunciou por malversación os arrestados tras as denuncias de irregularidades feitas polos mariscadores críticos coa xestión do organismo. Na investigación, os axentes atoparon irregularidades na contabilidade, facturas de pagamentos non realizados e movimentos nas contas sen xustificar.

A Garda Civil realizou onte seis rexistros en domicilios e empresas relacionadas coa confraría. Levaron abondosa documentación e atoparon unha pistola na casa do ex patrón maior, polo que podería ser acusado dun suposto delito de tenencia ilícita de armas.

https://youtu.be/1dh8WbBSZ4M

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.