Xunta de Galicia

A Xunta busca mellorar a seguridade aérea e a xestión ambiental a través de dúas contratacións cun investimento de máis de 7 m€

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aposta do Goberno galego por mellorar a seguridade aérea e a xestión ambiental a través de dúas novas contratacións mediante Compra Pública Innovadora de tecnoloxía baseada en avións non tripulados que supoñen un investimento de 7,2 millóns de euros.

En concreto, a primeira destas iniciativas –que se licitará por 6,05 millóns de euros– busca mellorar a seguridade de tráfico dos avións non tripulados no espazo aéreo, impulsando a participación da industria galega no sector da seguridade aérea co fin de atraer á nosa Comunidade compañías de referencia. Este proxecto axudará a mellorar a convivencia no espazo aéreo de avións tripulados e non tripulados.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.